A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede unha subvención para a dinamización e promoción da asociación de praceiros do Mercado de Tomiño

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede unha subvención para a dinamización e promoción da asociación de praceiros do Mercado de Tomiño

A Asociación de comerciantes e autónomos do Mercado Municipal de Tomiño recibiu en agosto de 2018, unha axuda por importe de 1.561,95€, ao abeiro da Orde do 20 de marzo de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centro comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia. Esta axuda da Dirección Xeral de Comercio e Consumo é para levar a cabo diversas actividades, cuxo importe total ascende a 2.689,89€.

Concretamente, as actividades subvencionadas son:

-A adquisición de roupa coa imaxe común do Mercado para o persoal de todos os postos (gorras, polos e mandís).
-Bolsas de compra coa imaxe común do Mercado
-Un obradoiro formativo para os asociados, denominado “Métodos de conservación de alimentos”.
-As xornadas técnicas dirixidas aos asociados denominadas “Traballo en equipo e captación de clientes”.
-Promoción do Mercado de Tomiño en mercadiños.