O MERCADO

UN NOVO MERCADO PARA UN NOVO TEMPO

Fronte á decadencia dos mercados tradicionais, Tomiño foi quen de transformar debilidades en fortalezas, convertendo este espazo nun escaparate local, un lugar onde atopar os mellores produtos do Baixo Miño e do resto de Galicia e Norte de Portugal.

OMercado-plantasuperior

CALIDADE E AUTENTICIDADE

O mercado conta cunha ampla variedade de postos de alimentación e comercio de proximidade, con propostas de froita, verdura, carne, peixe, chacinería, panadería e pastelería, produtos ecolóxicos, florería e outras especialidades, todos eles situados na planta baixa. Na primeira planta, o mercado amplía a súa oferta cun espazo pensado para gozar con calma, descubrir produtos de calidade e vivir unha experiencia gastronómica agradable, con música ambiental, wifi gratuíta e outros servizos. Trátase ademais dun espazo totalmente accesible, ao que se pode acceder comodamente mediante ascensor.

TRATO CÁLIDO E DIRECTO

O deseño e distribución dos postos dentro do novo mercado non é resultado da improvisación, senón dun longo proceso de posta en común cos praceiros e praceiras, tecido empresarial, comercio, emprendedores e emprendedoras, provedores e veciñanza en xeral, para artellar unha estratexia común adaptada á realidade económica actual e ás novas tendencias no que respecta á potenciación do comercio local e de proximidade, cunha oferta diferenciada e un trato cálido e directo co cliente.

mercado_tomino_141230_318