O noso mercado convértese nunha aula aberta este outono

O noso mercado convértese nunha aula aberta este outono

O noso mercado convértese nunha aula aberta este outono

A OMIX de Tomiño organiza un curso de 30 horas teóricas e prácticas para aprender a identificar as especies de cogomelos máis comúns en Galicia

O Mercado de Tomiño convértese nunha aula aberta este outono. A OMIX pon en marcha un obradoiro de identificación de cogomelos, un curso de 30 horas que permitirá ás persoas participantes adquirir as competencias necesarias para distinguir as especies máis comúns en Galicia.

O taller comezará o venres 7 de novembro e ofrecerá a todas as persoas participantes sesións teóricas no Mercado para sentar os conceptos básicos para o recoñecemento dos grupos e especies máis comúns. Estas clases completaranse con saídas guiadas polo campo e traballo na aula con cogomelos frescos para poder poñer en práctica todo o aprendido.

O obradoiro realizarase os venres de 18.00 a 20.30 horas e os sábados de 09.30 a 14.30 horas.

As persoas maiores de 12 anos interesadas en participar poden xa inscribirse na web municipal. O obradoiro, que terá un prezo de inscrición de 20 euros, suporá unha oportunidade única para mergullarse na riqueza micolóxica da contorna tomiñesa e descubrir con seguridade e coñecemento os segredos do monte.