12 de Novembro de 2021
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación concede unha subvención para a dinamización e promoción da asociación de praceiros do Mercado de Tomiño
A axuda por importe de 970,12 € foille concedida á Asociación de comerciantes e autónomos do Mercado Municipal de Tomiño ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2021 da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centro comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia para o ano 2021.
Esta axuda da Dirección Xeral de Comercio e Consumo é para levar a cabo diversas actividades, cuxo importe total do investimento subvencionable ascende a 1.293,49 €.
Concretamente, as actividades subvencionadas son:
- A adquisición de roupa de traballo coa imaxe común do Mercado para o persoal de todos os postos (gorras, polos, casacas e mandís) e
- A adquisición de mascarillas de tela para as/os praceiras/praceiros.