POSTOS

PRIMEIRO ANDAR

A primeira planta alberga un espazo lúdico-gastronómico no que se combinan produtos de calidade cun ambiente pensado para gozar con calma. Conta con música ambiental, wifi gratuíta e outros servizos, e é totalmente accesible grazas ao ascensor que comunica ambas plantas.

OMercado-plantasuperior

PLANTA BAIXA

A planta baixa do mercado reúne unha variada oferta de postos especializados e produto fresco, con propostas de froita e verdura, carne, peixe, chacinería, panadería e pastelería, produtos ecolóxicos, florería e outras especialidades, converténdose nun referente da compra de proximidade.