Son Antonio, e atoparasme á fronte da cafetería–teteiría A Mata, onde ofrecemos aos nosos clientes unha gran selección de tés, infusións, azucres, vermús artesáns e viños de calidade, entre outras delicias
Ademais, A Mata pretende ser un punto de encontro para a veciñanza de Tomiño e para todos aqueles que se queiran achegar a gozar de boa música e das actividades que regularmente organizamos.