A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede unha subvención para a dinamización e promoción da asociación de praceiros do Mercado de Tomiño

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede unha subvención para a dinamización e promoción da asociación de praceiros do Mercado de Tomiño

Á Asociación de comerciantes e autónomos do Mercado Municipal de Tomiño concedéronlle en setembro de 2019, unha axuda por importe de  2.501,66 € ao abeiro da Orde do 13 de marzo de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centro comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia. Esta axuda da Dirección Xeral de Comercio e Consumo é para levar a cabo diversas actividades, cuxo importe total do investimento subvencionable ascende a 3.573,80 €.

Concretamente, as actividades subvencionadas son:

-A adquisición de roupa coa imaxe común do Mercado para o persoal de todos os postos (gorras, polos e mandís).

-Curso de formación e xornadas técnicas para os asociados, denominado “Obradoiro Hixiene Alimentaria na manipulación e venda de alimentos”

-Xornadas técnicas dirixidas aos asociados denominadas “Uso das Novas Tecnoloxías no pequeno comercio

-Xornadas micolóxicas: Charlas,recollida no monte, exposición de setas e showcooking

-Promoción/Dinamización do Mercado de Tomiño