10 de Febreiro de 2016
Tolemia de Amor no Mercado das Marabillas
Ninguén podía supoñer que algo así ia ocorrer, ¡Os praceiros de Tomiño volvéronse tolos!
Primeiro foi o peixeiro quen sen previo aviso namorouse dunha pescada do pincho, despois a froiteira non paraba de dicir que andaba en amores cun repolo do Baixo Miño.
As mas linguas din que foi unha meiga do Rosal, quen tivo a xenial idea de cambiar as pócemas, por mor de que o día dos namorados estaba o caer e parecíalle boa data para que a xente namorara. Mais, quen podía pensar que esta xente íase namorar dos seus propios produtos!!!
Veñan señores e señoras e vexan cos seus ollos o que está a acontecer no mercado das marabillas.