Tomiño prepárase para a celebración dunha serie de actos e actividades no marco da campaña “En Negro contra as Violencias 2018”

Tomiño prepárase para a celebración dunha serie de actos e actividades no marco da campaña “En Negro contra as Violencias 2018”

Mañá xoves, 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo.
O Concello de Tomiño súmase por segundo ano consecutivo, á campaña “En Negro contra as violencias 2018”.
Durante o mes de outubro e novembro, dende a Oficina Municipal de Igualdade, fóronse perfilando as distintas accións da campaña deste ano, contactando individualmente con establecementos da vila, e anunciando a chegada do material que será repartido por espazos privados e públicos. Esta forma de actuar responde ao obxectivo de lograr a maior implicación por parte de toda a cidadanía.
A alcaldesa do municipio, Sandra González, explica que o ano pasado, e este tamén “renovamos o noso compromiso con esta acción colectiva e transversal para a sensibilización social contra as violencias machistas, que implica a participación activa, baixo a coordinación do Concello, da poboación e do tecido económico e social”, explicou a alcaldesa.
Mañá xoves, 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo. Ademais, está previsto un acto oficial para a lectura do manifesto o día 23 de novembro ás 19.00 horas na Praza do Seixo.
Este ano compre destacar, coma o anterior, a participación de Voces Novas, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que amosou un grande interese.
Dende o seu inicio en 2015, esta campaña foise expandindo por toda Galicia, e hoxe son xa 85 concellos adheridos e 3 deputacións provinciais.
No 2017, a participación de establecementos, negocios, asociacións, centros educativos, e axentes sociais foi masiva. Así, os comercios e lugares públicos cubriron os seus espazos co material da campaña, que en letras brancas sobre fondo negro, co logotipo creado especialmente pola deseñadora Uqui Permui, reflicten a orixe da violencia machista e as súas consecuencias; as redes sociais foron durante días un espazo de denuncia. Este ano dende o Concello agárdase que a participación de todos e todas sexa tamén a maior posible.

Os praceiros e praceiras do Mercado Municipal de Tomiño, adherímonos tamén a todos os actos contra a violencia machista.