Tomiño “ten sabor”. Un mes para aprender, degustar e gozar…

Tomiño “ten sabor”. Un mes para aprender, degustar e gozar…

Do 24 de setembro ao 24 de outubro Actividades formativas, lúdicas e de degustación para fomentar os produtos locais e a cociña saudable. Un escaparate con moito sabor para todos os públicos

24 a 27 de setembro – Curso de Cociña “Come Saudable”.

Dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos. Si eres “cocinillas”, temos preparado para ti 4 días de  experimentos na cociña.

 

27 de setembro – BioMercado

Unha grande feira de produtos bio, eco e artesáns. Mais de 60  postos de venda e degustación, con ambientación musical, clases de sumba, zonas de relax, charlas e actividades ó redor da alimentación e a vida saudable.
Na Praza do Seixo e no Mercado de Tomiño. das 11:00h as 21:00h

 

6, 13 e 20 de outubro – Curso “A cociña é cousa de homes”

Os martes de outubro un curso dirixido a “machos sin limite de idade” Aprende a mercar e a cociñar con produtos do noso mercado e sorprende a familia e amigos. Por que si queres, podes.

 

8, 15 e 22 de outubro – Charlas “Mercando con xeito”

Como se chaman as partes da vaca? que parte preciso para facer un bo asado? que peixe debo mercar para facer unha caldeirada? Como sei si está fresco? Todas as respostas da man dos praceiros no mercado de Tomiño os martes de 19:00h a 20:00h

 

10, 17 e 24 de outubro – Sábados con Sabor

Despois do éxito, volve “Sábados con sabor”. Xa sabedes; por 5€ duas tapas e dous viños, eso si, sempre con produtos do noso mercado e preparados con primor e cociña de altura.  Quén pode dar mais e polo mesmos prezo.?

 

Do 28 de setembro ao 4 de outubro seguimos mellorando as nosas instalacións, nesta ocasión, o equipamento do 1ºandar, por que nunca estamos satisfeitos e sempre queremos mais.