Últimos días para visitar a exposición de cerámica “A terra transformada en arte”, de Pilar Pintos, no noso mercado

Últimos días para visitar a exposición de cerámica “A terra transformada en arte”, de Pilar Pintos, no noso mercado

Últimos días para visitar a exposición de cerámica “A terra transformada en arte”, no primeiro andar do Mercado.
A mostra reúne gran variedade de obras e técnicas, que resultan atractivas, tanto polo seu colorido e volumes, como pola súa proposta estética.

A súa autora, Pilar Pintos, viguesa radicada en Eiras, manifestou a súa satisfacción pola posibilidade que lle deu o Concello, para achegar a arte da cerámica á cidadanía. A ceramista pretende, por esta razón, dar a coñecer o proceso creativo e de elaboración da cerámica ao público en xeral, dende a obtención do barro até o resultado final, pasando polo moldeado, o cocido, o decorado, etc. das pezas. “Pretendo divulgar o proceso creativo da cerámica, que é unha grande descoñecida”, comenta a autora. Entre as súas pasións está África, país no que se inspiran varias das súas creacións.

A actividade é unha das programadas dentro da axenda cultural de verán “O Son da Praza”, que propón ademais todos os venres, “Cine na Rúa”, na Praza do Seixo, concertos, danza tradicional, etc.